O vindeiro 24 de Febreiro,celebramos o Día de Rosalía de Castro,aniversario do
nacemento da nosa ilustre poetisa.
A AELG(Asociación de escritoras e escritores en lingua galega),ademais
de animar a agasallar un libro en galego e unha flor propón
para ese día realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade
temática da obra rosaliana , de modo que cada persoa descubra con cal das
múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada baixo o lema "Eu son Rosalía"
Para
coñecer un pouco máis a nosa poetisa deixamos estes recursos
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro,
na que podemos atopar información sobre a súa vida,obras,....
Recompilación
da biblioteca "Outeiro de Matilda"
Unidade didáctica sobre Rosalía de "Os poemas do Río"
Lim basado no libro "Rosalía" editado pola Fundación Rosalía de Castro
Lim sobre o poema "Parece unha rosa"
Rosalía
Pequeniña
E para rematar este fermoso poema
Lugar
máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n' hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!
¡Galicia frorida!
Cal ela ningunha,
de froles cuberta,
cuberta de espumas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario