O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas
das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e
vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver
se comeran ben durante todo o ano, decíndolles "Así,así esteas todo o ano",
achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
O Apalpador, de profesión carboeiro, mora
nas devesas
das montañas
do Caurel e outras serras orientais da Galiza e
caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe
esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con baias salvaxes e os
porcos bravos que caza no monte.
O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para
axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do
ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á
man con materiais naturais como a madeira ou o barro,
cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico,
automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas
doutras partes do planeta.
RECURSOS SOBRE O APALPADOR
PÁXINA WEB DO APALPADOR
(Preme na imaxe)
COORDINADORA GALEGA DE ENDL
(Preme na imaxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario