30 dic 2014

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos, por estas datas estivemos ensaiando e preparando o Festival de Nadal.
Moitos nervios e expectación para o gran día,e por fin chegou,o xoves 18 pola mañá , cos nosos compañeiros e compañeiras e, pola tarde, coas familias, reunímonos no ximnasio para disfrutar deste espectáculo con actuacións diversas  nas que cantamos, bailamos,...e rematamos contando  un conto en kamishibai.
Que grandes artistas!!!!!
Este foi o noso programa:
Unha presentación en fotos do que  foi a xornada

29 dic 2014

EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Para integrar ao alumnado na xestión e dinamización da biblioteca formamos  equipos  de  axudantes  do  terceiro ciclo, 5º e 6º.

Este  é o Equipo de axudantes da biblioteca deste primeiro trimestre.
Durante o mes de setembro a responsable da biblioteca foi polas  aulas de sexto a  solicitar ao alumnado a súa colaboración,de xeito voluntario,na biblioteca durante o horario do recreo.
Recibiron unha sesión formativa sobre cales eran as súas funcións e comprometéronse  por un trimestre asinando o seu contrato.
Establecéronse  quendas  fixas  con  catro axudantes  por día.
Un  chaleco co nome  e logotipo da biblioteca os identifica .
Ademais  de  cumprir  as  súas  funcións  (ordenar os materiais , manter  a  orde,  selar  os  libros,  axudar  aos  máis  pequenos  na selección  de  lecturas  e  nos  ordenadores, .......) tamén  forman parte  do  club  de  lectura , foron  @s  encargad@s  de  contar contos  nos  mércores  de  conto, fixeron sesións de papiroflexia, explicación de experimentos,......
E o último día,antes das vacacións de nadal, fixémoslle entrega dos diplomas.
Grazas  polo  voso  traballo  e  colaboración  coa  biblioteca!!!

28 dic 2014

O "SEIS" NO NADAL

Esta é unha pequena mostra das actividades que realizamos no cole durante o mes de Nadal
O alumnado de primeiro e segundo escribiu felicitacións de nadal nuns bocadillos de cómic e con eles formamos unha árbore.
  E con lazos e bocadillos colgados de pinzas decoramos a nosa árbore de nadal.
Os corredores e as aulas enchéronse de decoración navideña:bolas, campás, personaxes de cómic, centros de mesa, papiroflexia navideña,..

 Visita do Apalpador a educación infantil e como remate o Festival de Nadal.

27 dic 2014

UN CANGURO POLO NADAL

No último Mércores de conto do mes de Nadal, as dúas Saras ,alumnas de 6º e colaboradoras da biblioteca , leron "Un canguro polo Nadal".
Álbum  ilustrado  de  James  Flora, colección  Vintage  da  Editorial Lata de  Sal.
http://www.latadesal.com/coleccion/vintage/
Un día antes do Nadal chegou un camión. Deixou unha caixa na varanda. Na caixa ha­bía unha tarxeta. Dicía así: Bo Nadal para Catarina de parte do tío Dingo". Catarina recibe un agasallo inesperado. O seu excéntrico tío Dingo envíalle unha caixa que se move... Será un gato? Grande de máis. O agasallo de Catarina é unha canguro á que inmediatamente chama Adelaida. E Ade­laida vai revolucionar a cidade.
Fixéronnos pasar un rato divertido.Grazas!!!!!!

26 dic 2014

EN NADAL,ADOPTA UN LIBRO

Este é o terceiro curso que montamos esta campaña na última semana de Nadal e que ten moi boa acollida entre o alumnado.
Todos aqueles nenos e nenas que estiveron interesad@s achegáronse á entrada do cole, onde estaban expostos os libros, organizados por idades, para que poideran adoptalos e colleron o que máis lles gustou para levalo para casa e así darlle unha nova función (lelos, coidalos ,.....).
Son libros procedentes do  expurgo da biblioteca, que estaban en desuso e nos andeis  sen ningunha función.

19 dic 2014

FELICITACIÓN DE NADAL

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SEIS DO NADAL DESÉXALLE BOAS FESTAS NA DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO GALEGO
 
 

16 dic 2014

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca ofrecemos unha escolma de libros para estas datas que serán de lectura obrigatoria cando escomence o novo ano.
 
O tríptico entregarémolo este venres co título do libro que cada aula vai ler e traballar.
A meirande parte dos autores/as ou  ilustradores/as visitarán a biblioteca para que o alumnado poida compartir unha sesión con eles para falar dos seus libros,obradoiros ou contacontos.
Agardamos que nas cartas que enviedes  ao  Apalpador,a Papa Noel e aos Reis Magos non vos esquezades de pedir un libro e que disfrutedes en familia destas datas tan especiais nas que compartir momentos máxicos en torno á lectura.
Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo!!!!
Bo Nadal e Felices lecturas!!!

14 dic 2014

NADAL EN REDE


A Rede de Dinamización Lingüística presenta o programa de actividades  Nadal en Rede  2014 así como o catálogo de agasallos "Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova". Tamén presenta outros recursos dixitais , modelos de postais para personalizar e enviar pola rede, modelo de carta aos Reis Magos,.....
http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede
Preme na imaxe para entrar na páxina

9 dic 2014

RECURSOS PARA O NADAL

Como cada ano na  páxina da 
"Coordinadora Galega de Equipos de  Normalización e Dinamización  Lingüística" 
atoparedes moitos recursos para traballar o Nadal  nas aulas: contos, refráns, teatro,o apalpador, cartas, panxoliñas,...
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php
Máis recursos nas seguintes ligazóns
(Preme nas imaxes)
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/12/recursos-para-o-nadal.html
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
http://www.xunta.es/linguagalega/os_edlg_tamen_celebran_o_nadal

8 dic 2014

O APALPADOR

     O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, decíndolles "Así,así esteas todo o ano", achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
      O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
       O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.

Pasade pola biblioteca e  poderedes  ler os libros que temos sobre o Apalpador.
RECURSOS SOBRE O APALPADOR
PÁXINA WEB DO APALPADOR
http://www.apalpador.com/
(Preme na imaxe)
COORDINADORA GALEGA DE  ENDL
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.php
(Preme na imaxe)

7 dic 2014

LIBRO DE CONTAR

Con  Esther, Tania e Valeria, alumnas de 6º, contamos números, escoitamos unha historia e vimos as ilustracións  do  album "Libro de contar".
Texto de Pep Bruno e ilustracións de Mariona Cabassa, unha historia de suma e de resta cunha ducia de personaxes de ida e volta, cun texto rimado e divertido que fixo que disfrutáramos deste mércores de conto. Grazas!!!!

4 dic 2014

OLLOS DE AULA Nº 18 (DECEMBRO)

O Nº 18 de "OLLOS DE AULA" 
aborda este mes:
Análise do primeiro ano de escolarización dos nenos/nenas,artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reproducción do sexismo,siglas que empregamos no ensino,o RRI(Regulamento de réxime interno),recomendacións para ler,cavilar e saber.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n18_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(Preme na imaxe)

2 dic 2014

CULTURGAL 2014

CULTURGAL
A Feira das Industrias Culturais chega a súa sétima edición
É un espazo de encontro e difusión do sector cultural galego: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías,con novidades como un espazo adicado á gastronomía.
No Pazo da Cultura en Pontevedra os días
 5,6,7 de decembro.
Este é a ligazón ao PROGRAMA

1 dic 2014

BOCADILLOS POLA IGUALDADE

 Palabras,frases e debuxos en forma de bocadillo,cos que montamos o lazo.
Presentación en imaxes