A escritora Alicia
Borrás estivo con nós o mércores 30 de Abril e
compartiu cos nenos e nenas de Educación Infantil de cinco anos unha sesión na que
xogaron,bailaron,cantaron,riron,....ao ritmo do libro "O señor Corpo quere xogar".
Con
el aprendemos as partes do corpo e as súas funcións.
O señor Corpo quere xogar, quere moverse, quere brincar. Dona Cabeza vaille axudar, os ollos terán que mirar, a boca falar, as orellas escoitar, coas pernas camiñar e cos pés andar. E que fará o señor Corpo …?

Por último,asinou os libros dos alumnos/as e no libro de lembranzas.Grazas!!!!!
Traballo feito polo alumnado de cinco anos sobre o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario