2 feb 2014

DÍA DA PAZ NO "SEIS"

En torno ao lema "Deporte pola Paz" xirou a celebración deste día.
 
Fixemos  un acto colectivo no que provistos de camisetas de cor azul,negro,vermello,amarelo e verde representamos os cinco aros olímpicos .
Durante esta semana estivemos traballando este tema nas aulas:
-Investigamos sobre a Paz e Nelson Mandela
-Pintamos o colgante en forma de pelota
Escribimos as nosas Mensaxes de Paz
Despois do recreo,baixamos todos e todas ao pavillón e fomos sentándonos nos círculos establecidos para tal fin.
Xa sentados,coas mensaxes de paz  fixemos una pelota.
Cando escomenzou a soar a música fomos encestando as pelotas na caixa que nos correspondía.
Representantes de cada nivel,foron vaciar as pelotas no Baúl dos Desexos da Paz.
Ao ritmo de "Free Nelson Mandela",unha representación dos alumnos/as de 6º leron o Manifesto pola Paz,centrado en Nelson Mandela e recitaron o poema Invictus.
"E moi importante que teñamos en conta que a paz non só significa ausencia de guerra, é unha palabra que vai moito máis alá, é unha palabra que nos fala de: solidariedade, amor, compromiso, respecto, tolerancia, xustiza, inclusión, liberdade, diversidade, cooperación...
A Paz está entre nós cando bicamos a nosa nai, nunha aperta dun amigo/a, nun sorriso, nas lambetadas compartidas cos amigos/as, na alegría da tarefa ben feita, na palmadiña ao compañeiro/a.... 
 
 Temos que lembrar que a Paz non é tarefa dun día, para conseguila hai que traballala os 365 días do ano.

 E como di Nelson Mandela:
“Todo parece imposible ata que se fai”...
 
Foi un día especial e cheo de bos desexos como podedes ver nestas fotos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario