Cada
21 de febreiro, a UNESCO celebra o Día Internacional da Lingua Materna e chama a nosa atención sobre a importancia de usar e
transmitírlles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e,
este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de
coñecemento científico.
(Preme na imaxe)
A
mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas
humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de
investigación e de divulgación científica.
Recoñecer
esas linguas supón tamén abrir a porta a múltiples saberes tradicionais
científicos a miúdo ignorados e enriquecer os nosos coñecementos.
Esto é o que explica Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, na súa mensaxe difundida con motivo desta celebración, preme aquí para acceder.
"Este ano facemos especial fincapé no lema «As linguas locais para a cidadanía mundial: a ciencia en primeiro plano», a fin de mostrar ata que punto as linguas garanten o acceso ao saber, á súa transmisión e á súa pluralidade. Contrariamente á crenza común, as linguas locais son totalmente capaces de transmitir as materias científicas máis modernas, as matemáticas, a física e a tecnoloxía."
Máis información na páxina da Unesco
No hay comentarios:
Publicar un comentario