Estimadas
Familias:
Samaín, palabra
gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga
cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente
a noite do 31 de
outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante
do ano.
Eran datas claves para reunirse nos
camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e
concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite
máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as
ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces
para render contas inacabadas.
Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas
caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 28.Mentras as
fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar
outros.
¡Hai doces moi ricos que se fan coa polpa cocida
da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os
trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
Recollerán as cabazas o mércores día 30 para levalas á súa casa e
disfrutalas alí.
Samaín 2013
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario