"Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura"
Un curso máis as Mochilas Viaxeiras inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.
Son 21 mochilas que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca alá polo mes de xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares.
O Contido das Mochilas é diverso
*Contos, cómics, revistas, xogos,......
*Carta explicativa
ás Familias do funcionamento e listado do material.
*Caderno Viaxeiro :
No que as Familias escribirán as suxerencias, traballos, debuxos, fotos,etc...
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.
Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que vos gusten!!
Escomenza a viaxe!!!!!! Boas lecturas!!!!!!!!!!!