1 feb 2013

PARAUGAS POLA PAZ NO "SEIS"


O 30 de XANEIRO celebramos
O   DÍA   DA   PAZ
Durante a semana pasada estivemos traballando  o tema nas aulas :
-Poemas sobre a paz polo alumnado de 6º.
-Paraugas decorados con frases, palabras, verbas, debuxos de pombas e mans, pingas con mensaxes, paz en varios idiomas,.......
 
 
 
 
 
 
-O Colgante da Paz  en forma de pinga.
 
Frases   como : "A paz non ten cor",
"No camiño da paz o colexio atoparás",...
palabras  como :  Amizade, ledicia, apertas, bicos, amor, colaboración, compartir, diversidade, bondade, xustiza, solidariedade,......



E por fin chegou o día
Despois da hora do recreo todo o cole  fomos ao pavillón e fixemos un acto colectivo.
Cada grupo colocouse no círculo establecido para tal fin que estaba debuxado  no chan.
Visionamos, cantamos e escenificamos a canción "HIMNO DE LA ALEGRÍA ", na que o paraugas foi o protagonista.

Unha vez rematado, un representante de cada clase colocou o seu paraugas diante dun grupo de alumn@s de 6º que leron o MANIFESTO
"PREPOSICIÓNS POLA PAZ " e recitaron o poema "SOLO TRES LETRAS"
Foi un día cheo de ledicia e bos desexos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario