5 dic 2012

O APALPADOR


        Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador, unha personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
     O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
      Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación das nosas tradicións e dun consumo solidario e responsable.
 
 
        O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.
 

Máis información na páxina oficial do Apalpador:

PÁXINA OFICIAL DO APALPADOR
 
  (Preme na imaxe)

LIM



 
CRA "RAIÑA ARAGONTA"
 
   
                                

 
 COORDINADORA DO ENDL DO BARBANZA
 
 

 
CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
 
 

 
 CEIP "OUTEIRO DAS PENAS"
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario