28 abr 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY

O 23 e o 25 de Abril contamos coa presencia de
"FINA CASALDERREY"


O alumnado de 2º,3º e 4º disfrutaron e compartiron coa escritora dúas xornadas moi agradables.
Fina fixo as ledicias de todas as persoas que estabamos na biblioteca....,nenas,nenos,profes.Contounos contos , falou sobre as súas experiencias , sobre a maxia de escribir,con ela rimos i tamén nos emocionamos.
Contestou ás preguntas que lle fixo o alumnado .Finalmente firmou os distintos exemplares dos seus libros.
Pasámolo moi ben!!!!!
Grazas Fina por compartir con nós as túas experiencias i o teu tempo!!!






       Os cinco libros  libros que recomendamos polo Nadal ,que lemos i traballamos  son:

-"Un misterio na mochila de Alba" (5º Primaria)
-"Podesvir" (2º Primaria)
-"Dúas bágoas por Máquina"( Primaria)
-"O misterio dos fillos de Lúa"(3º Primaria)
-"Quen me quere adoptar?" (2º Primaria)


INFORMACIÓN SOBRE FINA NA SÚA PÁXINA WEB

(Preme na imaxe)

Unha fermosa Curta de Fina Casalderrey
"DÚAS LETRAS"
Conta a historia da emigración dun fillo e a tristeza da súa nai, a soidade, o amor,a triste espera...

26 abr 2012

OS MAIOS

 
UN MAIO DE VIGO,UN MAIO DE COIA E
  UN MAIO DO .....SEIS

O  Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro : “ O  FIADEIRO  quere  solicitarlle unha vez máis a súa colaboración  para pedirlle material para facer o luns 30,  o Maio do Seis ( A Porta do Atlántico – As Travesas ) e espantar os meigallos ata o ano que ven aproveitando que xa chegou a primavera e pode haber  unha  boa fin de semana para saír ao campo a recoller de todo.

            Serven todo tipo de flores: calas, pampillos, margaridas, uces, carqueixas, e moitas xestas. Logo, fiuncho, fentos e outros vexetais para enchelo. Cascas de ovos en boas condicións, cascas de laranxas, bugallos, landras,etc. Se fan cos seus fillos e fillas cadeas de flores ensartadas no fío, estaría moi ben. Se alguén quere escribirnos  unhas coplas tamén serían ben recibidas.

                        Facer un debuxo dun maio detrás desta folla –para aproveitar o papel- recortalo  e poñelo nunha exposición na entrada. A botarlle imaxinación.!!!

                   Moitas grazas pola constante colaboración!!!!!!
                                
           Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "Maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.

      Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a da orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.

     Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.

       Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.

    Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.


 Un pouco de historia sobre "As festas do ciclo de Maio"

   En Galicia hai varias M
anifestacións:

-Manifestacións agrarias:Alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).

-Manifestacións pecuarias:Enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.

-Manifestacións mariñeiras:Ramos nos barcos ou maios en forma de barco.

-Manifestacións lúdicas:Os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).

-Manifestacións amorosas:Os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.

-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense- é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).



Máis información en "Galicia Espallada"

25 abr 2012

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO

O martes 24 de Abril contamos coa presencia de
"SILVESTRE GÓMEZ XURXO"


    Silvestre Gómez Xurxo, é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía.
 Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia.
O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005) e Ti non xogas(Xerais2011).
      Compartiu co alumnado de 5º de Primaria unha sesión na que falou do seu libro"TI NON XOGAS" e da súa experiencia como escritor,respondendo ás preguntas que lle fixeron.
       Firmou os exemplares do seu libro. Grazas!!!!!


23 abr 2012

23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO 2012

          Hoxe ,23 de abril,celebramos o
 Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor.
Para conmemorar esta data, as Bibliotecas Escolares  de Galicia, recibiron un agasallo de Agustín Fernández Paz .

                                       OS  RÍOS  DA  VIDA

         Din que todas as persoas necesitamos as historias,tanto coma a auga que bebemos,tanto coma o pan de cada día.Que sorte,que sexan tan doadas de conseguir!Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras,esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.

       Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior:a emoción do inesquecible primeiro bico;a voz pausada e sabia do ancián da tribo;as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong;os andares pousóns dos camelos,a avanzaren coa caravana polas areas do deserto;o espanto ante os perigos que a escuridade agocha,nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa;a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos;as vidas de hai mil anos,cando o mundo era doutro xeito;ou as de dentro de mil anos,nun planeta que agoniza;a fascinación polas estrelas,que nos envían luz desde os abismos do espazo-tempo;o desespero de sentirse só entre ríos de xente;o nacemento dunha persoa,a morte doutra;os seres máxicos e os deuses terribles....

      Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces,de linguas,de recendos,de paisaxes....Unha maxia secreta e inesgotable,que a nós nos corresponde descubrir.

Agustín Fernández Paz


22 abr 2012

LETRAS GALEGAS 2012- VALENTÍN PAZ ANDRADE

ESTE ANO O" DÍA DAS LETRAS GALEGAS" ESTÁ ADICADO A
VALENTÍN  PAZ  ANDRADE
"Valentín Paz Andrade!
Biografía e antoloxía
Charo Portela Yáñez
Xerais
Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade. As súas actividades como avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta ou xornalista son presentadas por medio de documentos, fotografías e unha completa cronoloxía Unha aventura biográfica apaixonante dun home clave na historia do século XX, que concebiu Galicia como a súa tarefa. Completa o volume unha antoloxía de poemas e artigos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012

PÁXINA OFICIAL

WIKIPEDIA


SEMINARIO GALÁN
(CON ACTIVIDADES EN LIÑA PARA TODOS OS CICLOS, PARA IMPRIMIR,FOTOS,..)

VÍDEOS


TELEXORNAL PAZ ANDRADE- "CPI DOS DICES" EN ROIS.

-
LIM DO "CEIP CONDESA DE FENOSA" DO BARCO DE VALDEORRAS


LIM DO" CEIP FRIÁN-TEIS"


LIM DE FILOMENA MANZANO LASO


21 abr 2012

CONTACONTOS-MARISA IRIMIA

O venres contamos coa visita de
 "M A R I S A    I R I M I A"

       MARISA IRIMIA (Foz, 1969) é licenciada en Belas Artes ,ilustradora, contacontos e animadora da lectura. E autora de numerosas ilustracións para libros de literatura infantil e libros de texto, e adica parte do seu tempo a proxectos didácticos e recreativos de fomento á lectura, en toda a comunidade galega.
    Imparte obradoiros de ilustración en diversos concellos de Galicia e colabora regularmente con varias editoriais(Oxford)  no marco de actividades de animación á lectura e contacontos.
     Fixo dúas sesións de
contacontos para o alumnado de Terceiro Ciclo(5º e 6º de Primaria).


                        Cos seus contos fixo a ledicia d@s alumn@s resultando unha xornada moi agradable.




   Polo seu paso polo cole entregámoslle como agasallo,un diploma e unha camiseta e firmou no libro de visitas.

Moitas grazas!!!!

16 abr 2012

VISITA DE MIRO MAGARIÑOS

Hoxe contamos coa presencia de
 "M I R O    M A G A R I Ñ O S"

              Actor de experiencia teatral con compañías como o Centro Dramático Galego ou Teatro de Morcego, ten grande actividade no sector televisivo galego. No papel de Elías Couceiro, é un dos personaxes máis importantes de “Libro de familia”, e tamén fixo de crego de Portozás en “Mareas vivas”.

        Fundou a súa propia compañía no 1999:

( Preme na imaxe )
Presentounos a obra "MERLOS"

Un espectáculo inspirado no conto "The crows of Pearblossom" de Aldous Huxley.


A merliña Flori e Manolo, o seu merliño non van por aí....folgar porque teñen no seu niño catro ovos que coidar.
Por un descoido,Manolo un enredo vai montar...
pois faltabanlle tres oviños e os teñen que atopar...
coa axuda de Casimiro...
a cousa vaise amañar.....
Pasámolo moi ben!!!!!!!!!!!!!!!!





15 abr 2012

ACTIVIDADES E INVITAD@S NO MES DE ABRIL

           "Abril " mes dos libros e da lectura, faremos moitas actividades: exposicións, libros ao patio, apadriñamentos lectores, visita de autores e autoras,  marcapáxinas, animacións á lectura,...

"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa; destruido, un corazón que chora”.
(Proverbio  hindú)

OS INVITAD@S NA BIBLIOTECA ESTE MES DE ABRIL SON:

"MIRO MAGARIÑOS"
16 DE ABRIL

"FINA CASALDERREY"
23/25 DE ABRIL

 "SILVESTRE GOMEZ XURXO"
24 DE ABRIL


*Exposicións de:
-Novidades.
-Traballos elaborados a partir das lecturas recomendadas.
-Traballos sobre Vigo.
-Coas fotografias do alumnado  co lema:
" En que lugar de Vigo che gustaría ler? "

*Dia do libro (23 de Abril)
Libros ao Patio  e Apadriñamentos Lectores.

*Entrega de diplomas ao alumnado máis lector.

1 abr 2012

2 DE ABRIL:DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

  Todos os anos,o 2 de Abril,o IBBY,celebra o "Día Internacional do Libro Infantil", co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés  Hans Christian Andersen.
     Cada ano,un país membro de dita Organización internacional é o encargado de editar o Cartel anunciador e a Mensaxe a todos os nenos e nenas do mundo.
    Para este ano 2012,a sección de México, distribúe o cartel de Juan Gedovius.
   A mensaxe é de Francisco Hinojosa , poeta, dramaturgo, narrador,editor e ensaista mexicano.
      "Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas"........