12 dic 2011

O APALPADOR

        Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador, unha personaxe que vivía nas altas montañas das  serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.

             O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
            O Apalpador recupera unha figura da nosa tradición relacionada co Pai Inverno e mesmo co propio Papá Noel, propia dos pobos preindoeuropeos e espallada por toda Europa, quizais relacionada cos ancestrais cultos á divinidades do Inverno, protectores das colleitas e do gando que, por influencia do cristianismo foi desaparecendo. Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación das nosas tradicións e dun consumo solidario e responsable.
Máis INFORMACIÓN en:









*ACTIVIDADES LIM

-LIM DO CONTO "O APALPADOR"


-LIM DO CONTO "ANTÓN E O APALPADOR"


No hay comentarios:

Publicar un comentario