20 dic 2011

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2011

           Como xa é tradicional na nosa escola,ofrecemos polo Nadal unha escolma de libros que ben por ser novidades ou  por ter éxito entre o alumnado,poderían aparecer na nosa carta aos Reis Magos.
        Seguro que as súas maxestades compraceralles especialmente atender ás peticións de libros!!!!!!!


             POR  NADAL  AGASALLA 

                           LIBROS”


                                   DE 3  A 6 ANOS
     -QUE CHE GUSTARÍA SER?  Arianna Papini. Edit.Kalandraka             
     -A VIAXE DE OLAF. Martín León Barreto. Edit.Kalandraka.
     -CAROLA,A CARTEIRA CENTOLA. Enrique Mauricio Iglesias. Edit.Xerais.
     -XELO,O CARTEIRO XURELO. Enrique Mauricio Iglesias. Edit.Xerais.


                                   DE 6 A 8 ANOS
     -PUPI QUIERE SER FUTBOLISTA. María Méndez Ponte. Edit.SM
     -PUPI VA AL HOSPITAL. María Méndez Ponte. Edit.SM
     -PODESVIR. Fina Casalderrey. Edit.Gotelo Blanco.
     -QUEN ME QUERE ADOPTAR? Fina Casalderrey. Edit.Xerais.



                                  DE 8 A 10 ANOS
     -LUISÓN. Alfredo Gómez Cerdá. Edit.Bruño.
     -O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Fina Casalderrey. Edit.SM
     -HAY UN CHICO EN EL BAÑO DE LAS CHICAS. Louis Sachar. Edit.SM
     -DÚAS BAGOAS POR MÁQUINA. Fina Casalderrey. Edit.Xerais.
     -A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS. Teresa González Costa. Edit.Xerais


                                 DE 10 A 12 ANOS
     -A EXPEDICIÓN DOS LIBROS. Vicente Muñoz Puelles. Edit.Oxford.
     -A DAMA DA LUZ. Agustín Fernández Paz. Edit.Xerais.
     -UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA. Fina Casalderrey. Edit.Oxford.
     -A CHAVE DA ATLANTIDA. Anxo Fariña. Edit.Xerais.
     -CONTOS E POEMAS PARA UN MES CALQUERA. Jordi Sierra i Fabra. Edit.Oxford.
     -TI NON XOGAS. Silvestre Gómez Xurxo. Edit.Xerais



  * Libro -disco de Mama Cabra:
"XA ME TARDAN ESTES MAGOS".
Edit. Galaxia




     BO NADAL
    E

                FELICES  LECTURAS!!!!!

12 dic 2011

O APALPADOR

        Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador, unha personaxe que vivía nas altas montañas das  serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.

             O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
            O Apalpador recupera unha figura da nosa tradición relacionada co Pai Inverno e mesmo co propio Papá Noel, propia dos pobos preindoeuropeos e espallada por toda Europa, quizais relacionada cos ancestrais cultos á divinidades do Inverno, protectores das colleitas e do gando que, por influencia do cristianismo foi desaparecendo. Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación das nosas tradicións e dun consumo solidario e responsable.
Máis INFORMACIÓN en:









*ACTIVIDADES LIM

-LIM DO CONTO "O APALPADOR"


-LIM DO CONTO "ANTÓN E O APALPADOR"


9 dic 2011

O MAGOSTO NO SEIS

             Estas son as  fotos e as actividades que fixemos no MAGOSTO.
            Por mor do mal tempo tivemos que cambiar a data e celebralo o 18 de novembro.
            Previamente enviamos ás familias información  e fixemos entre todos "A CASTAÑA DO SEIS".

ACTIVIDADES
 Xogos populares:
-Peóns,canicas,bolos,,corda,pano.
      Preparamos varias  estacións de xogos populares polas que pasaban os/as alumnos/as.
    Como este curso o tema é Vigo,cada estación correspondíase cun barrio ou zona da cidade.
-"No Berbés saltamos á corda".
-"Bouzas xoga ás canicas".
-"Na Guía xogamos ao pano".
-"Os bolos atopámolos no Castro".
-"Collo as castañas do armario e as encesto no Calvario".
-"Coia xoga cos nen@s de infantil".
-"Nas Travesas xogamos aos peóns e ós ioiós".
-"Educación especial xoga por toda a cidade".
En educación infantil fixemos un circuito,xogamos cos aros  e a encestar castañas nuns caldeiros.
Despois,asamos as
castañas,comemos ,tiznámonoscantamos  e bailamos........
Unha pequena mostra do ben que o pasamos!!!!!!

5 dic 2011

RECURSOS NADAL

            Estamos no Nadal  i na páxina da Coordinadora galega de equipos  de normalización e dinamización lingüística  podedes atopar moitos  Recursos  para traballar nas aulas:  contos, refráns, cancións, modelos de cartas, o Apalpador, agasallos,...



                                                (Preme na imaxe)

1 dic 2011

CULTURGAL

    Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura a cuarta edición de CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais.
      Do venres ao domingo, en horario de 11h a 14h30 e de 16h30 a 21h30, poderedes escoller entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20 obras de teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro, múltiples presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imaxes das propostas audiovisuais que pronto chegarán aos cines galegos.
    Serán tres días intensos, cheos de propostas para todos os gustos.

     Contacontos, representacións teatrais, lecturas dramatizadas, monicreques, música, un rol en vivo, obradoiros e unha actuación de Mamá Cabra o domingo pola mañá no Auditorio do Pazo.

  Máis información na súa páxina web.