Un curso máis as Mochilas Viaxeiras inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.
Son 22 mochilas que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á biblio ala polo mes de xuño.
As Mochilas estarán unha semana nas vosas casas, chegarán os xoves e voltarán ao xoves seguinte ao cole.
Como Familia é importante:
- Puntualidade á hora de entregar a mochila.
- Comprobar que o seu contido está completo e coidado despois do seu uso.
- Desfrutar xuntos do material que se vos empresta.
O Contido das Mochilas é diverso:
*Nota ás Familias.
*Materias diversos :
- Libros de diversa temática e sobre o tema do curso.
. Os Bolechas: -"A Reconquista de Vigo"
-"Aniversario na Ría de Vigo"
-"Unha sortella no fondo da Ría de Vigo"
*Puzzles :
-Os Bolechas:"A Porta do Sol".
-Os Bolechas:"A historia de Vigo".
-Parque Nacional Illas Cies.
*Caderno Viaxeiro :
No que as familias escribirán:
-O seu nome.
-A data na que recibe a mochila e a entrega de volta ao cole.
-O que lle gustou dos materiais,un debuxo,foto,....sobre Vigo.
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.
MOCHILAS VIAXEIRAS 2011 - 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario