"MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
(25-11-2011)
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP “SEIS DO NADAL”
MANIFÉSTASE EN CONTRA DA VIOLENCIA:
-Da DISCRIMINACIÓN, usaremos a igualdade.
-Do RACISMO, usaremos a integración.
-Do MALTRATO MORAL, usaremos o dereito á dignidade.
-Do SEXISMO, usaremos a semellanza.
-Do ABUSO, usaremos a moderación.
-Do ACOSO, usaremos a nosa voz máis defensora.
-Das AMEAZAS, usaremos o noso amparo e resgardo.
A@s agredid@s levarémoslles a nosa comprensión e confianza.
Para conmemorar o 25 de Novembro,o alumnado do terceiro ciclo(5º e 6º) traballaron este tema.O alumnado de 6º elaborou o anterior manifesto.
No resto das aulas escribiron peticións,slogáns,frases e mensaxes sobre o tema.
Unha mostra dalgunha das mensaxes escritas polos alumn@s:
“Se te están maltratando,soluciona os teus problemas falando e non pegando.”
“Di NON á violencia”
“Non fagas o que non queres que che fagan a ti”
“Menos maltrato e violencia,máis cariño e axuda”.
“Os mesmos dereitos para tod@s”.
Elaboramos unha PANCARTA co lema:
“TOD@S XUNTOS NUN ACIO CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO”
Fixemos un acio de globos violetas.Antes do recreo fixemos un acto simbólico, co seguinte programa:
1.-Lectura do Manifesto.
2-Colocación das mensaxes por parte do alumnado no acio de globos.
3-Entrega ao alumnado e profesorado do lazo violeta.
* Durante o acto sonou a canción “Malo” de Bebe.
* Como remate do acto colocamos a pancarta no exterior do cole.