Ao longo deste curso, o noso Proxecto Documental centrouse na artesanía e nos oficios tradicionais. Este enfoque permitiu ao noso alumnado mergullarse nas raíces culturais, apreciar a creatividade e recoñecer o valor do traballo feito a man.
Esta exposición representa unha recompilación das investigacións e
creacións realizadas sobre os diferentes oficios. A mostra inclúe materiais,
recreacións e espazos que reflicten o coñecemento adquirido ao longo do curso.
A feira estaba organizada en varios recantos temáticos:
- Redeiras: enredadas co mar.
- Rúa dos cesteiros/as.
- A vida secreta da madeira.
- Oleiros/as: agarimos de terra.
- Pasiño a pasiño cos meus zocos.
- Entre telares anda o xogo.
- Foliada artesanal.
Ao percorrer os corredores da feira, os visitantes atoparon contos
fascinantes que brincan de cada recanto. Estas historias resaltan a maxia das
mans que crean, invitando a descubrir, a través da súa mirada, a riqueza e a
historia dos oficios tradicionais.
Invitamos a todas as familias a unirse a esta experiencia única o martes 3 de xuño, en horario de tarde. Para facilitar o percorrido polo centro, elaboramos unha guía da exposición que permitiu observar, coñecer e desfrutar plenamente da nosa feira.
Exposición Feira Artesanal de Biblioteca Seis do Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario