"Dona Paz é unha
pombiña que vive a rentes do ceo.Nunha casiña moi linda entre as torres dunha
igrexa.En canto o día
amence vai pasear moi cediño, para ver que
cousas pasan polas prazas e os camiños......"
Así escomenza o conto que María,Sara e Noa ,de 6º,contaron este mércores.Iniciamos así unha nova
actividade , Mércores de conto
"Cóntame.....cóntoche". Os maiores contan e comparten lecturas cos
pequenos na hora do recreo.
E que millor que esta
lectura tan axeitada nestas datas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEigASakotq9Q4bM6ZiNo5mtmmzO9AaPPJDbeNwEGEEdLhXOsT06JgPMQSR4-EdsPC7FaTHJ2vmuPTfX1oufMiR24MM2UGp7rpgU1V_3oXv1vNkkvi8SxKH42clWU9eztbYiVzku7cHc/s1600/XG00188101%255B1%255D.jpg)
A pomba dona Paz, é un relato para que os lectores e lectoras máis novos
participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da
cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario