Se queres organizar, ler, colaborar... coa biblioteca e estás en 6º de Primaria, agardámosvos no recreo do mércores 2 de outubro para informarvos do seu funcionamento. Animádevos!!!
29 sept 2024
27 sept 2024
PROXECTO DOCUMENTAL ANUAL
Este curso o Seis convértese
nunha Feira Artesanal co obxectivo de coñecer os nosos oficios tradicionais
(cesteir@s, redeiras, carpinteir@s, zoqueir@s, oleir@s...) e a súa relación coa artesanía actual.
Trasmitir ao noso alumnado o valor dos mesmos relacionado co noso patrimonio cultural e, ao mesmo tempo, o vinculamos cun consumo responsable, que aproveita os recursos de proximidade e a produción local.
Un
proxecto no que seguiremos a traballar por un futuro sostible, reutilizando e
dándolle unha segunda vida a materiais que xa temos e colaborando conxuntamente
para acadar os Obxectivos ODS da Axenda 2030.
Tamén
crearemos coas nosas mans obxectos artesanais de todo tipo.
Agardamos contar coa vosa colaboración nas distintas actividades de investigación e creación propostas dende o cole!!!
18 sept 2024
CLUBS DE LECTURA
Si estás en 5º e 6º de Primaria e queres participar, agardámoste o vindeiro venres 20 de Setembro no recreo. Explicaremos a súa organización e funcionamento. Animádevos a participar!!!
17 sept 2024
BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!
O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar.
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do
solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de
loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se
decide o acio.
QUE acades disas
patrias a vindima.
QUE amaine o
vento, beberás o viño.
QUE sereas
sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e
pode ser de todos.
¿A que tanto
novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes.
As nosas bibliotecas
escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co
TEATRO.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES