O martes 6 de xuño despedimos, por este
curso, o Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”, cunha xuntanza arredor
do libro A CULPA, premio Xerais de Novela 2022.
Contamos coa presenza da súa autora,
María Solar, que compartiu con nós o seu tempo.
Un libro que nos atrapou dende o
primeiro instante, con momentos duros e complicados e, sobre todo, cun
desenlace inesperado que as lectoras non agardábamos.
Conversamos sobre a forte personalidade
dos personaxes, tanto dos principais coma dos secundarios, moi traballados
psicolóxicamente, do título, da trama,...
Unha novela que lle levou cinco anos
escribila aínda que tiña moi claro o que quería escribir, documentándose sobre determinados aspectos e das temáticas traballadas: amizades e relacións tóxicas, a prostitución,
os abusos e a violación, a emigración, a dependencia, a morte,...
Foi unha tarde maravillosa na que
compartimos lectura, conversas e café.
O encontro rematou coa entrega dun pequeno agasallo como lembranza do seu paso polo noso centro e a sinatura de exemplares.
O noso agradecemento a María Solar por acompañarnos e pola súa difusión do noso encontro literario nas
redes sociais!!!