Obradoiro de
sensibilización en igualdade “Muller e Ciencia”,
a cargo de Arenaria Coordinación que se desenvolveu o 15 e 16 de
novembro na Sala Rosalía e na BiblioLab, para todo o alumnado do centro en diferentes sesións. Actividade organizada
pola nosa ANPA.
Utilizando como fío
condutor os descubrimentos realizados por mulleres científicas ao longo da
historia, Yolanda e David foron ensinándonos varios experimentos mentres nos
atrapaban nas historias que nos relataban con protagonistas como Jane Goodall,
Marie Curie, Hedy Lamarr, e tamén algunhas pioneiras españolas como Ángeles
Alvariño ou Margarita Salas.
Sen dúbida os
experimentos que máis triunfaron foron aqueles nos que interviña o lume, foron
espectaculares! Pero tamén nos indicaron que poden resultar perigosos e aínda
que son sinxelos, debemos facelo con axuda dun adulto que este informado e
tomando todas as medidas de precaución.
Tamén causou
sensación a obtención do noso ADN. Quen nos ía a dicir que cuns poucos
ingredientes que todos temos na casa (auga, sal, xabón líquido e alcohol das
feridas) conseguiríamos ver esa pequena maraña de filamentos fibrosos que
forman o noso ADN. Quedamos coa boca aberta!
Unha maneira amena e
divertida de aprender!!!