30 dic 2022

UN NADAL SOSTIBLE

Aproveitando o reto do mes de decembro no que había que facer un agasallo con materiais que tiveramos por casa, sen mercar nada, as clases de 2º e 6º de Primaria plantexaron a actividade do “Amigo/Amiga invisible”. 

Empregaron materiais de refugallo para crear pequenos detalles que entregaron aos compañeiros e compañeiras amosando a súa creatividade e imaxinación.

Unha maneira de ser respetuosos co medio ambente, fomentando as tres R, reducir, reutilizar e reciclar e, por en valor a importancia de compartir, da amizade e do compañeirismo.

Un Nadal Sostible de Biblioteca Seis do Nadal

29 dic 2022

CONTACONTOS POLO NADAL

O voluntariado da Biblioteca preparou dúas lecturas de Nadal para contar ao alumnado de Educación Infantil.

Os libros seleccionados foron: “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis” e “Un agasallo diferente” da Ed. Kalandraka.

Canto disfrutamos!!! Fixérono xenial!!! Grazas polo voso traballo!!!

19 dic 2022

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2022

Chega o Nadal, tempo de estar en familia e de compartir lecturas.

Esta é a nosa Guía de Lecturas cos libros que traballaremos nas aulas despois das vacacións. Contaremos coa presenza dos escritores e escritoras que compartirán co alumnado momentos sobre os seus libros.

Van a compañadas de Recomendacións para as familias, música, libros informativos e xogos de mesa.

En dous formatos: nun tríptico e na presentación en Canva. Se premedes nas imaxes atoparedes información sobre eles.

Podes incluir na túa carta ao Apalpador, Papa Noel e aos Reis Magos algún libro.

Colabora co comercio local e merca nas súas librarías!!!

Un libro é o mellor agasallo!!!

Guía de Lecturas Nadal 2022 de Biblioteca Seis do Nadal

18 dic 2022

BIBLIOLAB: CREACIÓNS DE NADAL

Durante este mes de decembro na BiblioLab realizamos actividades de reciclaxe. Empregamos materiais de refugallo (xornais, libros de expurgo, tubos de papel, caixas de ovos, cartón,…) e realizamos adornos de nadal.

Deste maneira creamos a nosa propia decoración navideña con materiais reciclados, unha forma de ser respetuosos co medio ambente e facer un Nadal máis sostible.

Recortando xornais

Debuxamos triángulos, recortamos, pegamos, compoñemos unha árbore e decoramos o fondo para ter unha paisaxe de Nadal!!

Con libros

Con libros de expurgo e seguindo as instrucións para dobrar as páxinas formamos unha árbore.

POR UN NADAL MÁIS SOSTIBLE!!!

17 dic 2022

CONTOS DE NADAL

Selección de lecturas para estas datas: “Historias e contos de Nadal” que podedes atopar en exposición na biblioteca.

12 dic 2022

XELÍS E O CLUB DE LECTURA

O club de lectura comenza co seu primeiro libro, compartindo xuntos as súas impresións sobre “Xelís, o guieiro das botellas de mar”, de Rosa Aneiros.

A historia está moi vinculada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030, centrado no coidado da vida submarina e a acción polo clima.

Estivemos falando  sobre os distintos personaxes e comentando que ideas se nos ocurrían para paliar o cambio climático. Rematamos escribindo unha palabra que definira o libro: contaminación dos mares, ecoloxía, plástico,…

11 dic 2022

RETOS ODS: DECEMBRO

Este mes de Nadal traballaremos o Obxectivo ODS Nº12, que fala de produción e consumo responsable.

Nestas datas e máis que ningunha outra, estamos rodeados de publicidade que nos anima a mercar e a consumir moito. Antes de mercar pensemos nos materiais, na súa duración,... e sobre todo, que se poidan reciclar e reutilizar. Fomenta o ecolóxico, fainos ti mesmo e, sobre todo, agasalla bos momentos.

Así que teremos que fabricar un "AGASALLO" sen mercar nada, só poderemos empregar os materiais que teñamos na casa.

Para inspirarvos visualizade este conto: 

“UN AGASALLO DIFERENTE” 

 Libro do mesmo título da Ed. Kalandraka

   

Cando o teñas preparado, tráeo para expoñelo na biblioteca e logo poderás levalo para darllo a quen ti queiras!!!!

Por un Nadal máis solidario e sostible!!!

5 dic 2022

RECREOS DE CINE

Comezamos cunha nova actividade: Recreos de cine.  Agardamos que vos guste!!!

O último martes de cada mes transformaremos a nosa biblioteca nunha  pequena sala de cine para poder disfrutar de películas e cortos.

O 29 de novembro foi o alumnado de Edº infantil, 1º e 2 º de Primaria, os que o pasaron fenomenal con “Érase unha vez... Os inventores, Marie Curie”, coñecemos e aprendemos moita información sobre este gran científica co gallo do Mes da Ciencia. Foi todo un éxito!!!

 

3 dic 2022

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ten por obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema deste ano é “Solucións transformadoras para un desenrolo inclusivo: o papel da innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo”.

A inclusión da discapacidade é condición esencial para o respeto aos dereitos humanos, ao desenvolvemento sostible, á paz e á seguridade. É unha cuestión clave para cumplir a promesa de “Non deixar a ninguén atrás”, da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable.

“Ler con todos os sentidos”, recanto que montamos con lecturas para esta data.