Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro sumámonos á actividade
proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e
durante toda esta semana estivemos preparando esa data para achegarnos á figura
da nosa ilustre poetisa.
Abrimos as fiestras a Rosalía!!!!
Foron diversas as actividades que realizamos tendo presente o
proxecto anual de centro Emocionarte.
Exposición de libros da autora
En Educación Infantil
Entregouselles unhas fiestras abertas cunha representación iconográfica de Rosalía que pintaron ao estilo
pop-art , fixeron debuxos de
Rosalía e retratos picassianos. Que grandes artistas!!!
En Primaria
Tendal poético de Rosalía
Mural feito con follas de diversas formas nas que escribiron versos e palabras significativas.
"Rosalía, Superheroina cotiá da lingua
galega"
A partir do artista galego Joseba Muruzabal que fai arte
urbano (no seu traballo de avoas heroinas) , caracterizaron a Rosalía como unha
heroina nos traballos cotiás.
Poema traballado en pictogramas"Adios ríos, adios
fontes"
Avións de papel con versos de Rosalía
Marcapáxinas
En música traballaron
o poema "Rosalía Pequeniña" que un grupo de alumnos cantou para o resto do centro. Fixérono xenial!!