Programa de actividades para a semana de Samaín
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Chegou o tempo de buscar a
túa cabaza e convertela nunha caveira que meta moito medo e arte.
Un curso máis solicitamos a
vosa colaboración e coas cabazas que decoredes cos vosos
fillos e fillas montaremos unha exposición.
Teremos que traelas o luns
30 de outubro e recolleranas o xoves 2 de novembro para levalas a súa casa.
LECTURAS DE MEDO
Este ano traballamos unha
emoción básica: O Medo. Para eso contaremos coa lenda da nosa tradición : A
Santa Compaña.
Fixemos unha selección de
lecturas sobre esta temática, e xa están en exposición na biblioteca e no vestíbulo para que neste samaín pasedes
moito medo...lendo!!!!!
CONTACONTOS
Nos recreos do 30 de outubro e 2 de novembro , alumnado
voluntario de 5º contará historias que nos farán tremer de medo!!!!!