28 may 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA

O alumnado de infantil de catro anos puido desfrutar dunha actividade de animación á lectura coa contacontos Nati Natillas (Nati Borrajo).
Contoulles a historia de Pingui, unha pinga que  vive moitas aventuras basada no libro "Aventuras de una gota de agua"da colección Contos para Sentir da editorial SM.
Benxamín  Míguez compartiu co alumnado de 5º e 6º unha animación sobre dous libros que leron este curso: "Lúa do Senegal" de Agustín Fernández Paz e "Unha viaxe inesperada" de LLuís Llort, da editorial Xerais.

Grazas pola visita!!!

26 may 2017

CARLOS CASARES

O próximo 3 de xuño a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o Paseo Literario Carlos Casares.
A Fundación Carlos Casares organiza na Casa Galega da Cultura a exposición didáctica "O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares", que remata este domingo 28 de maio.
Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia.

Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo

Conta tamén con catro paneis centrados na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

25 may 2017

RECICLA CON DINOSETO

A semana pasada tivemos unha visita moi especial: Dinoseto e Dinosetiño que nos ensinaron a correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación  e protección do medio ambente  e a colaboración no coidado da nosa cidade.
O alumnado de primeiro e segundo puido desfrutar desta actividade organizada polo Concello de Vigo e aprender o rap da reciclaxe.

23 may 2017

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O 11 de Maio recibimos a visita do escritor 
O alumnado de 5º estivo lendo e traballando o seu libro "Quen dá a quenda?".

Contounos un montón de cousas  e respostou ás preguntas que tiñan preparadas e ensináronlle os traballos feitos cos distintos relatos do libro.
Rematou a visita asinando nos distintos exemplares. Grazas Héctor!!!

22 may 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Na Semana das Letras Galegas, estivemos realizando diversas actividades sobre o autor homenaxeado Carlos Casares.
Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre o autor que se entregou ás familias.
Fixemos murais, debuxos dos seus contos, caricaturas, actividades en liña,....
Exposición e lectura dos libros de Carlos Casares.
Actividades diversas sobre "A galiña azul": debuxos, manualidade,... e un quebracabezas (cada aula decorou  a súa peza con materiais plásticos distintos ).


Lemos os carteis do Ceip Plurilingüe Anxo da Garda que estan expostos polos corredores do cole.

10 may 2017

VISITA DE PERE TOBARUELA

O xoves 4 de maio, o alumnado de cuarto contou coa visita do escritor Pere Tobaruelapara falar dos seus libros Formig4s , Misión París e Misión Nova York, escollidos no itinerario lector deste curso.
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Iniciou a sesión falándonos do seu último libro Formig4s, Misión Tokyo .
O alumnado fíxolle as preguntas que tiñan preparadas sobre o seu traballo como escritor e a súa a obra, personaxes, ilustracións ...
Rematou asinando nos libros. Grazas Pere pola túa visita!!!

3 may 2017

CARLOS CASARES, LETRAS GALEGAS 2017

 Selección de recursos para achegarnos á vida e obra de Carlos Casares

Fundación Carlos Casares
Seminario Galán
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Real Academia Galega: "Primavera das Letras"
Páxina da Asociación de Escritoras e Escritores 
en Lingua Galega(AELG)
Liña do tempo de Carlos Casares
  Ceip Condesa de Fenosa
EN PICTOGRAMAS
Biografía de Carlos Casares 
A Galiña Azul 

Lolo anda en bicicleta 

2 may 2017

ANIMACIÓN LECTORA CO BARDO ABELARDO

O xoves 27 de abril Servando Barreiro fixo unha animación á lectura para o alumnado de terceiro e cuarto .
Servando (O Bardo Abelardo) fai unha adaptación das obras "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e "A galiña azul" para achegarnos á figura de Carlos Casares.
Escomenzou cunha presentación da vida e obra de Carlos Casares e despois intercalou contos (a historia de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade,... e outras ) con  cantigas nas que participou o alumnado facendo que pasaramos un rato moi divertido!!! Grazas!!!

1 may 2017

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

O mércores 26 de abril o alumnado de terceiro recibiu a visita do escritor Antón Cortizas, autor do libro de poemas que estiveron lendo, "Vaia tropa!".
Foi unha sesión amena e agradable na que houbo momentos para as preguntas sobre o libro e tamén para a creatividade na que o alumnado participou activamente cunha actividade de papiroflexia.

Rematou asinando nos diversos exemplares  e escribiu unha adicatoria no mural que elaboraran con diversos poemas do libro.

Grazas Antón pola túa visita!!!