A COMUNIDADE EDUCATIVA DO SEIS DO NADAL DESÉXAVOS QUE NO ANO 2017 A EMOCIÓN DA LEDICIA ENCHA TODAS AS VOSAS VIDAS.
21 dic 2016
18 dic 2016
GUÍA DE LECTURAS DE NADAL
Nadal é tempo de ilusión, de agasallar, de
soñar, de compartir , de lecer, de xogar,... e tamén de ler.
Estas son as lecturas que traballaremos á
volta de vacacións centradas no proxecto deste curso, viaxando polo mundo e as
emocións.
Tamén recollemos neste tríptico libros
de Agustín Fernández Paz e recomendacións de poesía e música para ler en familia.
Contaremos
coa presenza dos autores/as e contacontos que compartirán momentos
especiais con nós para falarnos dos seus libros.
"Para
viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”
(Emily Dickinson)
E
neste Nadal emociónate coa lectura!!!!
12 dic 2016
CHEGOU O NADAL
Para ambientar este tempo de nadal, creamos un
recanto moi acolledor presidido por unha
cheminea e unha butaca na que sentar a facer as nosas lecturas da selección que
fixo a biblioteca sobre o Apalpador, os Reis
Magos, Papa Noel , historias e contos do Nadal.
8 dic 2016
CAIXAS VIAXEIRAS
Esta semana
comezaron a súa andaina dúas caixas cun
tesouro viaxeiro: diversos materiais nos
que descubriredes , viaxando polo mundo, as emocións de coñecer outros modos de
vivir.
Os
voluntarios/as da biblioteca foron os encargados/as de levalas e presentalas ás dúas primeiras clases que
poderán disfrutar delas.
Estarán
nas aulas unha semana e transcurrido ese tempo
viaxarán polas outras e así todos
e todas poderemos vivir e sentir novas emocións.
Desexámosvos
unha emocionante viaxe!!!!
6 dic 2016
NOVIDADES
Novas lecturas que temos na biblioteca e que agardan por vós: libros para viaxar e coñecer outras culturas, poesía, lecturas que nos emocionan, cómics,...
30 nov 2016
CULTURGAL 2016
"Cultura, Comunidade, Futuro"
Este é o lema da novena edición de Culturgal, Feira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de
decembro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands adicados ao libro, música, teatro, audiovisual, infantil,....
Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontro con escritores/as , películas e outros productos culturais.
Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontro con escritores/as , películas e outros productos culturais.
Acollerá tres espectáculos especiais protagonizados por SonDeSeu, Budiño e
María Fumaça.
En Culturgal haberá lugar para a arte contemporánea
a través da exposición " Pegadas na terra", na que 18 artistas galegos/as
amosan diferentes vías de achegarse á natureza.
Existe un servizo de visitas
guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.
Ligazón ao PROGRAMA:
28 nov 2016
O PAPAGAIO: XORNAL ESCOLAR MENSUAL
Xa temos na nosa biblioteca os números 1 e 2 do xornal escolar mensual "O Papagaio" de Edicións Moito Conto.
Nel trátanse temas
como: actualidade, banda deseñada, ecoloxía, ciencia, tecnoloxía, historia, cultura,.....
Pasade pola
biblioteca e botádelle un ollo!!!
27 nov 2016
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ao longo desta semana estivemos traballando o tema nas
aulas con contos , presentacións e vídeos cos
que reflexionamos.
Escribimos distintas mensaxes e a pancarta co lema "Coordinámonos
para vivir sen violencia de xénero".
O venres 25, despois do recreo, todas e todos fomos ao
pavillón para facer un acto colectivo.
Colocados por grupos, o alumnado de segundo a sexto representou unha escenografía con vasos de cores e coa que manifestamos o noso rexeitamento ao maltrato.
Colocados por grupos, o alumnado de segundo a sexto representou unha escenografía con vasos de cores e coa que manifestamos o noso rexeitamento ao maltrato.
Cando soaba a música o alumnado de infantil e primeiro
levantaban os lazos .
Cada curso foi deixando os lazos pequenos nunha caixa
mentras o alumnado de sexto cubría un lazo grande.
Despois colocamos no vestíbulo do centro a montaxe co
lazo e as mensaxes.
21 nov 2016
LECTURAS E RECURSOS PARA O 25 N
Estas son as lecturas que recomendamos para traballar e reflexionar sobre o tema e que podedes atopar en exposición na biblioteca.
Información e recursos nas seguintes ligazóns:
-Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
-ONU
-Unidades didácticas de STEG
16 nov 2016
O NOSO MAGOSTO
O día de San Martiño o tempo acompañounos e poidemos disfrutar da festa do Magosto.
Adornamos a entrada cun mural coas castañas viaxeiras que decoraron o alumnado e as familias.
Primaria saltou ao ritmo das combas e educación
infantil e primeiro organizaron varias estacións de xogos: levar a castaña nunha
culler e encestala nun cubo, tragacastañas,....
Todos
xuntos bailamos "A bicicleta". E como remate o xogo dos globos en parellas.
Despois
de tanto esforzo, chegou a hora de comer
as castañas que nos tiñan preparadas as mestras!! Riquísimas!!! A repoñer forzas e a tiznarnos as caras!!!!
Foi unha xornada moi divertida!!!!
7 nov 2016
RECURSOS PARA O MAGOSTO
Esta semana
estamos preparando todo para celebrar o Magosto o vindeiro venres 11 día de San Martiño.
Faremos
xogos coas combas, coas castañas, baile con globos, tiznarémonos,...
O
alumnado terá que aportar castañas xa amoxetadas para que non estouren e leña e ese día traer roupa cómoda.
Deixamos
varias ligazóns con recursos para traballar o tema
Recompilación
Biblioteca
Víctor Sáenz
|
Recompilación
Biblioteca
Outeiro de Matilda
|
Presentación
Tempo de Magostos
Lecturas
para esta data que atoparedes en exposición na biblioteca
4 nov 2016
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O Día da Ciencia en Galego 2016 , 4 de novembro, céntrase nunha temática, os legumes, en sintonía coa celebración no 2016
do Ano Internacional dos Legumes.
Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor deste tema e o
máis sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza
nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema
de Mendel e as súas tres leis.
O homenaxeado galego, Cruz Gallástegui, considérase o introdutor da xenética non só en Galicia, senón en
España.
Nas seguintes ligazóns atoparedes información sobre o tema:
Unidade didáctica sobre Cruz Gallástegui
Album da Ciencia.Cultura Galega
3 nov 2016
NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Promóvose a celebración de novembro como MES DA
CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS en apoio da presenza da divulgación
científica en galego en todas as bibliotecas.
A autora do manifesto é a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio
de Ciencia "María Josefa Wonenburger"(2015) , insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de
depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na
importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que
temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas
por todo o mundo " algo que deberíamos darlle máis valor ".
- A Asesoría de Bibliotecas ofrece unha páxina con Recursos e materiais para a ciencia en galego.
- Recompilación de recursos sobre a lingua galega e a ciencia realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- 10 recursos sobre ciencia para os máis pequenos.
- Manifesto de Isabel Aguirre Urcola.
- Díptico que recolle diversas actividades nas bibliotecas públicas.
31 oct 2016
ACTIVIDADES POLO SAMAÍN
A
última semana de outubro ambientamos a
biblioteca convertíndoa nun espazo para tremer de medo.
O
alumnado voluntario contounos dous contos: "Corre corre, cabaciña" e " Tío Lobo"
Bruxas,
vampiros, momias, cabazas,.... foron os protagonistas das lecturas e das postais que decoraron para un samaín de
medo!!!!
30 oct 2016
SAMAÍN NO SEIS
Para celebrar o Samaín montamos na entrada
do centro unha exposición coas cabazas
decoradas polo alumnado e polas familias que representaban diferentes países do mundo : Inglaterra, Francia, China,... seguindo o noso proxecto viaxeiro.
Grazas ás familias pola vosa colaboración, creatividade e imaxinación!!!!
26 oct 2016
PROGRAMA SEMANA DE MEDO
Este é o Programa para esta semana de Samaín
Exposición de cabazas
Un curso máis solicitamos a vosa
colaboración e coas cabazas que decoredes cos vosos
fillos e fillas montaremos unha exposición
Postal terrorífica
Facer unha ilustración sobre o medo en formato cartulina e escribir unha mensaxe en galego
Facer unha ilustración sobre o medo en formato cartulina e escribir unha mensaxe en galego
Contacontos
Nos recreos do 26, 27 e 28 de
outubro o alumnado voluntario contará historias que nos farán tremer de
medo!!!!!
Lecturas
de medo
Xa
temos en exposición todos os libros relacionados co medo na biblioteca e no
vestíbulo. Neste samaín pasarémolo de medo...lendo!!!!!
25 oct 2016
CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA
Para
celebrar o Día da Biblioteca organizamos
o horario para que as distintas clases pasaran pola biblioteca para desenvolver
varias actividades:
-Ver
a exposición de novidades
-A
partir dos índices cada aula seleccionou e fixo unha
lectura do libro "A volta ao mundo
en oitenta contos"
-Recolleron as mochilas viaxeiras que iniciarán a súa andaina esta semana agardando o seu disfrute por parte das familias.
Van acompañadas dunha carta na que se explica o seu funcionamento e un listado do material .
Un caderno viaxeiro, espazo en branco para que enchades con debuxos, suxerencias, aportacións e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos entregamos.
-Entrega
dos carnets e das bolsas viaxeiras ao alumnado de
educación infantil de tres anos.
20 oct 2016
CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA
Dende 1997, e cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta
xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración
co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á
labor dos bibliotecarios/as.
Cada ano encárgaselle a un escritor/a e ilustrador/a a redacción do pregón e o
diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras
seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de
Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
(Preme na imaxe para acceder ao pregón)
"Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca......."
19 oct 2016
BIBLIOTECA ESCOLAR,TERRITORIO DAS ARTES
"Biblioteca
escolar, territorio das artes" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual
de bibliotecas escolares.
A imaxe creada por Minia
Regos garda moitas sorpresas
para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por
este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca
escolar.
Biblioteca
escolar, territorio das Artes convida
a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por
achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a
experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a
arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes
visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
(Fonte -Bibliotecas Escolares)
17 oct 2016
BENVIDA AO CURSO 2016-2017
Xa estamos de volta!!!!
Benvidos e benvidas a un novo curso no que viaxaremos polo mundo, coñecendo
diversas culturas, e tamén ás
emocións que sentimos e
experimentamos en cada momento.
Dende os primeiros días do mes de outubro a biblioteca xa
abriu as súas portas con actividades diversas
dirixidas a toda á comunidade educativa.
Se
grandes aventuras queres vivir á biblioteca terás que vir!!!
3,2,1,.....Comenza
a viaxe!!!!
7 jul 2016
LECTURAS PARA O VERÁN
Xa estamos en vacacións
tempo de descanso, de xogos, de pasear pola praia, de sol,....tempo de lecer , de aventuras, de viaxes,....e tamén de
momentos para desfrutar coa lectura dun libro.
Esta é unha escolma de
libros para estas datas
Boas vacacións!!! E neste verán non esquezas meter na túa
maleta un libro!!!
8 jun 2016
VISITA DE FINA CASALDERREY
Hoxe recibimos a visita de Fina Casalderrey que
compartiu co alumnado de quinto unha sesión para falar do seu libro "A
historia da bicicleta dun home lagarto".
Fina falounos das súas
experiencias e da importancia das palabras e das verbas,... respostando ás diversas preguntas que o alumnado lle fixo : en que se inspirou para escribir o libro, sobre os personaxes e a historia,...
Fixémoslle entrega dun agasallo
e asinou nos exemplares dos alumnos/as e no libro de lembranzas.
Grazas Fina por compartir
con nós o teu tempo!!!!
1 jun 2016
LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA
Para celebrar o mes do libro , o alumnado de terceiro do Cep Celso
Emilio Ferreiro e o alumnado de catro e cinco anos do Seis do Nadal, fixemos unha
actividade de lectura compartida no parque da Bouza.
Os grupos de
terceiro recitaron poemas de Cantarolas de Xosé Neira Vilas e os grupos de
infantil recitaron "Parece unha rosa" de Rosalía e "O
astronauta" de Manuel María. Despois os maiores
apadriñaron os máis pequenos lendo un libro en galego.
22 may 2016
CONTACONTOS
O xoves 19 de maio o alumnado de primeiro
disfrutou dun contacontos da man de Iago López nunha actividade de animación á lectura co
libro "Augusta e os seus medos".
Augusta é
unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que
ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar
cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A
partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a
única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Pasamos
un rato moi divertido!!!!
19 may 2016
TRABALLOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS
Na Semana das Letras Galegas, estivemos realizando
diversas actividades sobre o autor homenaxeado MANUEL MARÍA
No vestíbulo do cole montamos murais que decoramos cos seus poemas e libros . Un retrato
feito por un compañeiro xa xubilado e unha dedicatoria de Manuel María cando
visitou o centro no ano 1992.
Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos
diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre
o autor que se entregou ás familias.
Realizamos caligramas, ilustramos e
fixemos debuxos dos seus poemas, recitamos os seus versos, retratos, actividades
en liña,...
Recollemos nesta presentación unha pequena
escolma dos distintos traballos