30 nov 2016

CULTURGAL 2016

"Cultura, Comunidade, Futuro"
Este é o lema da novena edición de CulturgalFeira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de decembro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands adicados ao libro, música, teatro, audiovisual, infantil,.... 

Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontro con escritores/as , películas e outros productos culturais.

Acollerá tres espectáculos especiais protagonizados por SonDeSeu, Budiño e María Fumaça.

En Culturgal haberá lugar para a arte contemporánea a través da exposición " Pegadas na terra", na que 18 artistas galegos/as amosan diferentes vías de achegarse á natureza.

Existe un servizo de visitas guiadas en lingua de signos para aquelas persoas que o demanden.


Ligazón ao PROGRAMA:

28 nov 2016

O PAPAGAIO: XORNAL ESCOLAR MENSUAL

Xa temos na nosa biblioteca os números 1 e 2  do xornal escolar mensual "O Papagaio" de Edicións Moito Conto.


Nel trátanse temas como: actualidade, banda deseñada, ecoloxía, ciencia, tecnoloxía, historia, cultura,.....


Pasade pola biblioteca e botádelle un ollo!!!

27 nov 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo desta semana estivemos traballando o tema nas aulas con contos , presentacións e vídeos cos que reflexionamos.
Escribimos distintas mensaxes e a pancarta co lema "Coordinámonos para vivir sen violencia de xénero".
O venres 25, despois do recreo, todas e todos fomos ao pavillón para facer un acto colectivo.
 Colocados  por grupos, o alumnado de segundo a sexto representou unha escenografía con vasos de cores e coa que manifestamos o noso rexeitamento ao maltrato.
Cando soaba a música o alumnado de infantil e primeiro levantaban os lazos .

Cada curso foi deixando os lazos pequenos nunha caixa mentras o alumnado de sexto cubría un lazo grande.

Despois colocamos no vestíbulo do centro a montaxe co lazo e as mensaxes.


21 nov 2016

LECTURAS E RECURSOS PARA O 25 N

Estas son as lecturas que recomendamos para traballar e reflexionar sobre o tema e que podedes atopar en exposición  na biblioteca.


Información e recursos nas seguintes ligazóns:

-Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
-ONU

16 nov 2016

O NOSO MAGOSTO

O día de San Martiño o tempo acompañounos e poidemos  disfrutar da festa do Magosto.
Adornamos a entrada cun mural coas castañas viaxeiras que decoraron o alumnado e as familias.

Primaria saltou ao ritmo das combas  e educación infantil e primeiro organizaron varias estacións de xogos: levar a castaña nunha culler e encestala nun cubo, tragacastañas,....

Todos xuntos bailamos "A bicicleta". E como remate o xogo dos globos en parellas.

Despois de tanto  esforzo, chegou a hora de comer as castañas que nos tiñan preparadas as mestras!! Riquísimas!!! A repoñer forzas e a tiznarnos as caras!!!!

Foi unha xornada moi divertida!!!!

7 nov 2016

RECURSOS PARA O MAGOSTO

 Esta semana estamos preparando todo para celebrar o Magosto o vindeiro venres 11 día de San Martiño.

Faremos xogos coas combas, coas castañas, baile con globos, tiznarémonos,...

O alumnado terá que aportar castañas xa amoxetadas para que non estouren e leña e ese día traer roupa cómoda.


Deixamos varias ligazóns con recursos para traballar o tema

Recompilación
Biblioteca
Víctor Sáenz

Recompilación
Biblioteca Outeiro de Matilda

Presentación Tempo de Magostos
Lecturas para esta data que atoparedes en exposición na biblioteca

4 nov 2016

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O Día da Ciencia en Galego  2016 , 4 de novembro, céntrase nunha  temática, os legumes, en sintonía coa celebración no 2016 do Ano Internacional dos Legumes.

Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor deste tema e o máis sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis.
O homenaxeado galego, Cruz Gallástegui, considérase o introdutor da xenética non só en Galicia, senón en España.
Nas seguintes ligazóns atoparedes información sobre o tema:

Unidade didáctica sobre Cruz Gallástegui
Album da Ciencia.Cultura Galega

3 nov 2016

NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Promóvose a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS en apoio da presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas.
A autora do manifesto é a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"(2015) , insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo " algo que deberíamos darlle máis valor ".