31 oct 2016

ACTIVIDADES POLO SAMAÍN

A última semana de outubro ambientamos a biblioteca convertíndoa nun espazo para tremer de medo.
O alumnado voluntario contounos dous contos: "Corre corre, cabaciña"  e " Tío Lobo"
Bruxas, vampiros, momias, cabazas,.... foron os protagonistas das lecturas  e das postais que decoraron para un samaín de medo!!!!


30 oct 2016

SAMAÍN NO SEIS

Para celebrar o Samaín montamos na entrada do centro  unha exposición coas cabazas decoradas  polo alumnado e polas familias que representaban diferentes países do mundo : Inglaterra, Francia, China,... seguindo o noso proxecto viaxeiro.



Grazas ás familias pola vosa colaboración, creatividade e imaxinación!!!!

26 oct 2016

PROGRAMA SEMANA DE MEDO

Este é o Programa  para esta semana de Samaín
Exposición de cabazas
Un curso máis solicitamos a vosa colaboración e coas cabazas que decoredes cos  vosos  fillos e fillas montaremos unha exposición

Postal terrorífica
Facer unha ilustración sobre o medo en formato cartulina e escribir unha mensaxe en galego
Contacontos
Nos recreos do 26, 27 e 28 de outubro o alumnado voluntario contará  historias que nos farán tremer de medo!!!!!
Lecturas de medo
Xa temos en exposición todos os libros relacionados co medo na biblioteca e no vestíbulo. Neste samaín pasarémolo de medo...lendo!!!!! 

25 oct 2016

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Para celebrar o Día da Biblioteca organizamos o horario para que as distintas clases pasaran pola biblioteca para desenvolver varias actividades:

-Ver a exposición de novidades
-A partir dos índices cada aula seleccionou e fixo unha lectura do libro "A volta ao mundo en oitenta contos"
-Recolleron as mochilas viaxeiras que iniciarán a súa andaina esta semana agardando o seu disfrute por parte das familias.
Van acompañadas dunha carta na que se explica o seu funcionamento e un listado do material .

Un caderno viaxeiro, espazo en branco para que enchades con debuxos, suxerencias, aportacións e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos entregamos.


-Entrega dos carnets e das bolsas viaxeiras ao alumnado de educación infantil de tres anos.

20 oct 2016

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, e cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  co obxectivo  de concienciar á sociedade da importancia  da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as.

Cada ano encárgaselle a un escritor/a  e ilustrador/a a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
(Preme na imaxe para acceder ao pregón)

"Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca......."

19 oct 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR,TERRITORIO DAS ARTES

 "Biblioteca escolar, territorio das artes" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña  anual de bibliotecas escolares.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).


17 oct 2016

BENVIDA AO CURSO 2016-2017

Xa estamos de volta!!!!

Benvidos e benvidas a un novo curso  no que viaxaremos polo mundo, coñecendo diversas  culturas, e  tamén  ás emocións que sentimos e experimentamos en cada momento.


Dende os primeiros días do mes de outubro a biblioteca xa abriu as súas portas con actividades diversas dirixidas a toda á comunidade educativa.

Se grandes aventuras queres vivir á biblioteca terás que vir!!!

3,2,1,.....Comenza a viaxe!!!!