29 ene 2015

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2015

Para conmemorar o Día da Ilustración, mañá 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, a Consellería de Cultura  programa distintas actividades nas bibliotecas nodais das catro provincias.
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2015/01/28/cartel_dia_ilustracion_2015_miguelanxo_prado.pdf
Obradoiros de ilustración e banda deseñada, faladoiros con ilustradores, exposicións e mostras bibliográficas conforman as propostas.
No centro montamos unha exposición de Álbum iIustrado na entrada do cole e mañá  recibiremos a visita do ilustrador e debuxante  Pepe Carreiro.

26 ene 2015

MALALA,PREMIO NOBEL DA PAZ 2014

Para a Semana da Paz a biblioteca propón investigar a historia de Malala  Yousafzai, Premio Nobel da Paz 2014.
Estas son as cuestións que tedes que investigar

 Nas seguintes ligazóns atoparedes a información:
-Biografía

25 ene 2015

LECTURAS PARA A PAZ

Presentamos unha selección de Libros para o Día da Paz e non violencia,30 de xaneiro.

Son lecturas que falan de valores, de amizade, de solidariedade, tolerancia,cooperación, respeto, convivencia,....que podedes atopar en exposición no lugar habitual.

(Preme nas imaxes para ampliar o tamaño)

22 ene 2015

CANCIÓN PARA A PAZ

Esta é a canción que cantaremos o Día da Paz :
"Por qué no ser amigos" de
El Canto del Loco y Hombres G

Tamén escoitaremos Imagine Instrumental
 de John Lennon

20 ene 2015

RECURSOS PARA A PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar pola Paz e non violencia .Pretende promover a reflexión sobre a educación para a tolerancia,a solidariedade,o respeto aos dereitos humanos,a non violencia e a paz.
Nas seguintes ligazóns  atoparedes información, actividades, recursos e materiais diversos para traballar o tema nas aulas.
Seminario Galego de Educación pola Paz
http://sgep.org/index.php/gl/actividades/dia-escolar-pola-paz-2015/241-programacion-do-dia-escolar-pola-paz-2015.html
Recompilación da
Biblioteca "O Recanto de Mik"
https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/
Web de Norberto
http://www.webdenorberto.com/recursos/paz_e.htm
Recompilación da
 "Biblioteca Víctor Sáenz"
https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/
Palabras Amigas
http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/paz/paz.htm
Recompilación da
Biblioteca "Outeiro de Matilda"
https://sites.google.com/site/recursosdeaz/
Actiludis
http://www.actiludis.com/?tag=dia-de-la-paz
Doslourdes
http://www.doslourdes.net/PAZindex.htm

7 ene 2015

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2015

O Calendario recolle as principais conmemoracións e datas significativas vinculadas ao libro e á lectura.
Entre elas:
Día do usuario/a das Bibliotecas
(11 de Xaneiro)
Día da Ilustración
(30 de Xaneiro)
Día da Lingua Materna
(21 de Febreiro)
Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
(24 de Febreiro)
Día das Letras Galegas,adicado a Xosé Filgueira Valverde
(17 de Maio)
http://rbgalicia.xunta.es/descargas/1417160145.jpg
Preme na imaxe para velo máis grande