Cada
primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "MAIO",
unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función
da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Os
historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a orixe dos maios.
Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos
agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da
agricultura.
Aínda que non están moi claras as súas orixes
parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a
protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola
ledicia diante do alborexar da vida nova.
Os maios
acompáñanse habitualmente de coplas cun
compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que
acontecese no último ano.
"Ahi ven o maio
de frores cuberto
puxeronse a porta
cantandome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros........"
(Luis Emilio Batallán)
Coas coplas acontecía igual que coas formas e os
materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras,
figuras e variantes.
En Galicia hai varias Manifestacións:
Agrarias,pecuarias,mariñeiras,lúdicas,amorosas,cristiás,....
Máis
información nas seguintes ligazóns:
GALICIA
ESPALLADA
WIKIPEDIA