29 ene 2014

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ


No Mércores de conto,
 Lucía, de 6º, deleitounos coa historia dunha muller exemplar,
Premio Nobel da Paz no 2004.
 
Contounos o  fermoso libro "Wangari e as árbores da paz" e trasmitiunos a necesidade de coidar a natureza e o medio ambente.
Na tradición africana á arbore e un símbolo de Paz.
Como decía Wangari:
"Cando plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e da esperanza".
Deixamos un vídeo do conto

27 ene 2014

30 DE XANEIRO,DÍA DA ILUSTRACIÓN

Unha das novidades no Calendario do Libro e da Lectura 2014 é a celebración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro ,coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao,cunha ampla programación de actividades nas bibliotecas nodais das catro provincias.

Obradoiros, actividades para estimular a creatividade e a imaxinación, mostras bibliográficas e espazos para a reflexión e a conversa centran as propostas para conmemorar esta data.
 
O obxectivo é destacar a importancia da ilustración
e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.
Miguelanxo Prado, gañador do Premio Nacional de Cómic 2013,é o autor do cartel que conmemora o Día da Ilustración 2014.
Preme na imaxe para acceder á Programación
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/01/24/dossier_programacion_dia_da_ilustracion_2014.pdf

26 ene 2014

A POMBA DONA PAZ

"Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo.Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.En canto o día amence vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños......"
 
Así escomenza o conto que María,Sara e Noa ,de 6º,contaron  este mércores.Iniciamos así unha nova actividade , Mércores de conto "Cóntame.....cóntoche". Os maiores contan e comparten lecturas cos pequenos na hora do recreo.
E  que millor que esta lectura tan axeitada nestas datas.

A pomba dona Paz, é un relato para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

22 ene 2014

LECTURAS PARA A PAZ


Na biblioteca temos unha selección de Lecturas para esta data,30 de Xaneiro.

 Lecturas  que falan de valores, de amizade, solidaridade, tolerancia, cooperación, respeto,.......que podedes  atopar en exposición no lugar habitual. 
 

18 ene 2014

NELSON MANDELA


O Día da Paz,30 de Xaneiro,  adicarémolo a MANDELA,que loitou pola igualdade,liberdade e a paz en Sudáfrica.
A  historia de Madiba está ligada ao deporte e este foi o medio que empregou para conquerir a unión do seu pobo.
Como di nesta frase:
  
"O deporte ten o poder de transformar o mundo.Ten o poder de inspirar,de unir á xente como poucas outras
cousas,....Ten máis capacidade que os gobernos de derribar as barreiras sociais".
 
                      Nelson Mandela


Dende a biblioteca propoñemos investigar a súa historia e a súa vinculación co deporte.
Estas son as cuestións  que tedes que respostar.


 
Nas seguintes ligazóns atoparedes a  información:

16 ene 2014

RECURSOS PARA A PAZ


Para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non violencia. Nesta data recórdase a necesidade  da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

Nas seguintes ligazóns atoparedes información, actividades, recursos e materiais diversos para traballar o tema nas aulas.
(Preme nas imaxes)
Seminario Galego de   Educación para a Paz
http://sgep.org/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=54&Itemid=64&lang=gl
Orientación Andujar
 
http://www.orientacionandujar.es/2013/01/08/coleccion-de-materiales-enlaces-y-documentos-para-trabajar-el-dia-de-la-paz-en-todas-las-etapas/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=coleccion-de-materiales-enlaces-y-documentos-para-trabajar-el-dia-de-la-paz-en-todas-las-etapas
Biblioteca
"Víctor Sáenz"
https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/
Biblioteca
 "O Recanto de Mik"
 
https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/
 
Biblioteca
 Outeiro de Matilda
https://sites.google.com/site/recursosdeaz/
Orientación Condesa
http://www.pinterest.com/nlg4/día-da-paz-e-non-violencia/
Web de Norberto
http://www.webdenorberto.com/recursos/paz_e.htm
Palabras amigas
http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/paz/paz.htm
 
Doslourdes
http://www.doslourdes.net/PAZindex.htm
Actiludis
 
Actividades Lúdicas Educativas

11 ene 2014

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2014


Calendario do Libro e da Lectura 2014,coas datas e efemérides máis sinaladas arredor dos libros,da lectura e das nosas letras.
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/01/10/calendario_libro_e_lectura_2014.pdf
Como principais novidades, establécese a conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, e do Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
 
Ademais destas novas datas, o calendario lembra outras:
 
20 de Febreiro:
Día internacional da Lingua Materna
1 de Marzo:
Bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado
21 e 27 de Marzo:
 Día Internacional da Poesía e do Teatro
23 de Abril:
 Día do Libro
17 de Maio:
Día das Letras Galegas, con Xosé Mª Díaz Castro
25 de Setembro:
 160º aniversario do nacemento de Leiras Pulpeiro
1 de Outubro:
130 anos do nacemento de Vicente Risco
10 de Decembro:
Centenario da recuperación das Cantigas de Martín Códax
22 de Decembro:
130º aniversario do nacemento de Antón Losada Diéguez