Os alumnos e
alumnas de 5º de Primaria participamos nas actividades organizadas pola
Concellería de Medio Ambiente de Vigo con motivo da celebración o 5 de Xuño do Día Mundial
do Medio Ambiente.
Realizamos os
obradoiros de:
"Recoñecemento de
especies invasoras"
"Construción de
niños de paxaros"
"Análise de augas"
"Reciclaxe"
Como remate
colaboramos co grupo de voluntarios e voluntarias de Camiño a camiño na retirada da planta invasora “amor de home” da
beira do río Lagares.
Pasámolo moi ben,
aprendemos moito e o Excmo. Sr. Alcalde Don Abel Caballero prometeu invitarnos
a unha chocolatada para agradecer o noso esforzo e traballo.