O
VENRES 25 DE MAIO CONTAMOS COA PRESENCIA DE
TERESA
GONZÁLEZ COSTA
Dirixida ao alumnado de 4º de Primaria .
Ao longo da sesión falou do seu libro "A filla do ladrón de bicicletas",da
historia,dos personaxes,....e respostou ás preguntas do alumnado,firmou os exemplares
e recibiu como agasallo un diploma e unha camiseta.
Grazas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
"A
FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS",
Premio Merlín 2010.
"Serafina, que é filla dun ladrón de
bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima
aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que
consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que
non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle
ocasionan a panda de Martiño o Bravo".