11 may. 2017

UN MAIO...EMOCIONANTE

Un curso máis para celebrar a chegada da primavera fixemos o noso emocionante Maio. O cole encheuse de diversos elementos vexetais (fiunchos, fento, xestas,...) flores (calas, margaridas, pampillos,...) e froitos (cascas de laranxa,...) para adornar  o Maio.

Todos estos materiais foron aportados polas familias e algúns nenos e nenas trouxeron cadeas de flores,...

Con este Maio tan florido quedamos protexidos ata o ano que ven!!!
Un grupo de alumnas, pandereteiras, pertencentes a Lumieiras de Rueiro, cantáronlle ao Maio con tódolos nenos e nenas do cole.

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario